Español | English

Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Programa de integración laboral

Equal Compostela Social é un programa de ámbito comarcal desenvolvido no marco da iniciativa comunitaria Equal e orientado á creación de iniciativas de autoemprego por parte de colectivos con especiais dificultades de inserción no mercado de traballo.


1º aniversario da sala Petronio Arte

11/03/08 A sala Petronio Arte, empresa creada ó abeiro do programa Equal Compostela Social, celebra o seu 1º aniversario, cunha mostra do pintor Xoti de luís titulada "Au Tour D´Ancares".

máis info

Xocoátel convértese na empresa número 63 que xurde ao abeiro de ECS

25/02/08 O sábado 17 de febreiro inaugurouse, no nº3 da Rúa Rosalía de Castro, Xocoátel. Esta tenda, especializada na venta de chocolate, convértese así na empresa número 63 que se constitúe no marco de Equal Compostela Social e fai que este programa supere amplamente o seu obxectivo inicial de promover a creación de 50 empresas.

máis info



En-rede pasa a denominarse EM-REDE

26/01/08 As 32 persoas que acudiron á quinta reunión de traballo da Rede de iniciativas empresariais de Santiago e Comarca, en representación de 23 das 43 empresas que compoñen actualmente a rede, tomaron, entre outras, a decisión de cambiar a denominación en-rede pola de EM-REDE.

máis info

Aberto o prazo de inscrición para a cea de traballo da Rede de Iniciativas Empresariais

16/01/08 A Rede de Iniciativas Empresariais de Compostela e Comarca vai celebrar a súa primeira cea de traballo o vindeiro venres día 25. No trascurso deste encontro trataranse temas como a posibilidade de establecer a rede como unha asociación e presentarase o novo directorio de empresas Em-Rede.

máis info



Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo