Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Proxecto ECS » Entidades socias » Cogami »

Cogami

Cogami
A Confederación Galega de Minusválidos (Cogami) é unha organización non gobernamental de ámbito autonómico á que pertencen directa ou indirectamente máis de corenta asociacións de persoas con discapacidade física na autonomía, na provincia e na comarca. O seu obxectivo principal e "coordinar e promover a defensa dos intereses das persoas con discapacidade, co fin de conseguir a máxima atención social á problemática que representan e a súa integración na sociedade".

Entre as finalidades de Cogami está polo tanto fomentar o espírito empresarial e apoiar a creación de empresas entre persoas que se atopan con especiais dificultades para a súa inserción profesional e social. Nesta liña, e como membro da AD Compostela Social, Cogami participou na identificación e captación de emprendedores.

Esta actuación tivo dous obxectivos fundamentais:

  • Fomentar o espírito de empresa entre os colectivos destinatarios
  • Captar beneficiarios/as das sucesivas accións do proxecto, motivándoos/as e concienciándoos/as das posibilidades do autoemprego e a creación de empresas como alternativas de inserción laboral


« Volver

Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo