Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Proxecto ECS » Entidades socias » Fundación para o Desenvolvemento Comarcal de Santiago »

Fundación para o Desenvolvemento Comarcal de Santiago

Fundación Comarcal Santiago
A Fundación para o Desenvolvemento Comarcal de Santiago é un grupo de acción que ten como obxectivo fundamental a dinamización dos recursos dos municipios da comarca de Santiago a través da promoción e do impulso de iniciativas de desenvolvemento económico e social que implican o sector público e privado coa poboación local.

Esta fundación, como membro da AD Compostela Social, é a encargada de realizar o seguemento e a avaliación da relación transnacional, establecendo un protocolo de actuación que permita coñecer a efectividade do Proxecto Equal Compostela Social, dos proxectos Equal dos socios internacionais así como das achegas mutuas.

Así mesmo, a Fundación puxo a disposición dos/das beneficiarios/as do Programa Equal Compostela Social instrumentos propios para reforzar a viabilidade dos proxectos empresariais, como son as subvencións do Programa Proder, co fin de conseguir un desenvolvemento comarcal integrado e sustentable. Actualmente están en fase de estudo dúas iniciativas presentadas a través do Equal.

« Volver

Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo