Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Proxecto ECS » Entidades socias » Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago »

Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago

Cámara de Comercio de Compostela
A Cámara Oficial de Comercio de Santiago de Compostela é unha corporación de dereito público, configurada como órgano consultivo e de colaboración coas administracións públicas, sen prexuízo para os intereses privados que persegue.

Ademais do exercicio das competencias de carácter público que lle atribúe a lei e das que lle poidan encomendar e delegar as administracións públicas, ten como finalidade a representación, promoción e defensa dos intereses xerais do comercio, a industria e a navegación, e a prestación de servizos ás empresas que exerzan as indicadas actividades, sen prexuízo da liberdade sindical e de asociación empresarial e das actuacións de outras organizacións sociais que legalmente se constitúan.

Esta entidade cameral, cunha demarcación que comprende 32 concellos do sur da provincia da Coruña, continuando coa súa aposta de apoiar iniciativas empresariais participa, mediante a súa integración na AD Compostela Social, no Proxecto Equal Compostela Social.

A participación exércese mediante o desenvolvemento dunha serie de accións, das que xa se levan a cabo as seguintes:

Formación e cualificación de emprendedores:
A participación neste apartado estase concretando na cesión das instalacións para o desenvolvemento da etapa de formación do proxecto, mediante a actuación denominada Obradoiros para o emprendedemento, actividade que ten por obxecto proporcionar aos/ás beneficiarios/as a formación necesaria para avanzar en posibles iniciativas empresariais, completando as habilidades sociais e outras competencias transversais, e ofrecendo aos/ás participantes información e formación técnico-profesional relevante para os proxectos empresariais que se van desenvolver.
Asesoramento Técnico Individual a Emprendedores/as:
Un dos obxectivos estratéxicos da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Santiago é incentivar a creación de emprego, polo que promove as vocacións empresariais, a creación de empresas e a súa consolidación. A Cámara desenvolve esta tarefa a través do seu departamento de Creación de Empresas, cumprindo coa misión de informar, asesorar, formar e apoiar a creación de novas actividades empresariais no ámbito da súa demarcación, proporcionando aos/ás emprendedores/as un apoio completo e especializado.

Neste senso, o alumnado participante no proxecto Equal Compostela Social, ao tempo que se formou, comezou a traballar no seu proxecto empresarial, mediante titorías individuais, nas que contan co asesoramento de técnicos especializados, tanto do SECOT como do Departamento de Creación de Empresas, situado no Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio, emprazado no Polígono de Costa Vella.

Desde a súa apertura, en marzo de 2006, este Viveiro acolle a unhas 20 empresas que inician os seus primeiros pasos no mercado, acompañándoas e prestándolles determinados servizos adaptados ás necesidades de cada proxecto empresarial, facilitando así o desenvolvemento de iniciativas de interese para a nosa demarcación cameral.

Máis de 50 emprendedores/as teñen cabida neste Viveiro, polo que a día de hoxe xa pasaron 20 empresas, das que 6 xa deixaron as instalacións por ampliación de negocio e mercado; así, observando estas cifras podemos dicir que o Viveiro está cumprindo o seu obxectivo de facilitar o nacemento, arranque e consolidación de novas sociedades, ademais de favorecer a creación de emprego.


« Volver

Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo