Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Proxecto ECS » Entidades socias » Asociación Plataforma polo Emprego »

Asociación Plataforma polo Emprego

Plataforma polo emprego
A asociación Asociación Plataforma polo Emprego agrupa varias asociacións de carácter social da área de Santiago de Compostela, para asesorar e acompañar aos usuarios no deseño e execución do seu itinerario formativo e laboral.

Mediante o seu contacto con desempregados, empresas e outras entidades a Plataforma detecta carencias no mercado de traballo que fai chegar ás distintas administracións, formula alternativas e propón solucións.

Plataforma polo Emprego traballa especificamente con aquelas persoas que teñen maiores dificultades á hora de buscar emprego. Traballa con minorías étnicas, inmigrantes, mulleres da casa de acollida, mulleres con cargas familiares, mozos sen estudos e maiores de 45 anos; todos eles colectivos que tamén atende o programa Equal Compostela Social.

Plataforma polo Emprego, como compoñente da AD Compostela Social realizou as seguintes actuacións:

Identificación e captación de emprendedores:
Esta entidade participou en todas as actividades de difusión e sensibilización durante as tres fases do proxecto Equal Compostela Social. Con isto pretendía captar beneficiarios das accións do proxecto e expoñer as vantaxes do autoemprego e a creación de empresas como alternativas de inserción laboral.

A colaboración foi tan activa que varios dos beneficiarios do programa eran usuarios da asociación.
Elaboración do mapa de recursos para o emprendemento:
O mapa de recursos recollerá moi especialmente os recursos existentes para fomentar a igualdade de oportunidades e a perspectiva de xénero no ámbito empresarial, para difundir deste xeito a súa existencia e dispoñibilidade entre os colectivos máis vulnerables. Este mapa permitirá artellar toda unha serie de instrumentos complementarios xa existentes a esta acción piloto que reforzarán, sen dúbida, o impacto da actuación sobre os seus beneficiarios.

Para realizar esta acción a Plataforma reforzou o seu cadro de persoal coa contratación para esta tarefa dunha técnico e unha administrativa.
Cooperación empresarial:
A plataforma está presente nas futuras liñas de actuación deste epígrafe, aportando os seus coñecemento sobre responsabilidade social corporativa.


« Volver

Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo