Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Proxecto ECS » Entidades socias » Caixa Galicia »

Caixa Galicia

Caixa Galicia
Caixa Galicia a través da súa Obra Social, é membro da AD Compostela Social, participando na acción de acceso aos sistemas de financiamento.

Esta acción ten como obxectivo promover e facilitar o acceso a sistemas de financiamento flexibles para a xeración da actividade económica aos/ás beneficiarios/as do proxecto Equal Compostela Social, despois de rematar os itinerarios formativos para apoiar a creación de empresas.

Deste xeito, Obra Social Caixa Galicia achega ao proxecto unha ferramenta innovadora como son os microcréditos para o autoemprego, que permiten o financiamento de proxectos viables de autoemprego promovidos por persoas sen acceso á rede de financiamento tradicional por carecer de garantías materiais e de avais. Esta ferramenta permite, na fase final do itinerario de emprendemento, financiar os proxectos viables de creación de empresas, posibilitando a súa materialización real.

Os criterios de acceso ao financiamento son a viabilidade dos proxectos empresariais, a responsabilidade e credibilidade das persoas emprendedoras así como as súas ganas de traballar. O requirimento para acceder a un microcrédito é a presentación dun plan de autoemprego para crear unha empresa que reúna condicións de viabilidade.

Os microcréditos de Caixa Galicia teñen un importe máximo de 12.000 euros a un prazo de 5 anos, con 6 seis meses de carencia opcionais e un xuro máximo do 4 por cento fixo, sen comisións de apertura, de estudo nin de amortización anticipada; excepcionalmente esta contía poderase incrementar ata 25.000 euros cando as características do proxecto así o xustifiquen.

A 15 de decembro de 2006 a actividade de Obra Social Caixa Galicia nesta liña foi:

Proxectos presentados4
Proxectos en fase de estudo1
Solicitudes presentadas a comité microcréditos3
Operacións aprobadas1
Operacións denegadas1
Operacións aprobadas en oficina (*)1

(*) Operación derivada á oficina da rede comercial de Caixa Galicia por non reunir perfil de microcrédito xa que o/a emprendedor/a dispón de amplo historial crediticio e de garantías materiais.

O responsable do proxecto Equal Compostela Social por parte da Obra Social de Caixa Galicia é o técnico Luís Liñares Barbeito.

« Volver

Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo