Inicio »
Proxecto ECS »
Entidades socias »
Concello de Boqueixón »
Concello de Boqueixón
O
Concello de Boqueixón, con 73 quilómetros cadrados de superficie, conta na actualidade con aproximadamente 4.378 habitantes cunha media de idade de 43,5 e co 65% das persoas empadroadas con idades comprendidas entre os 16 e os 64 anos.
En canto á economía deste concello, gran parte da poboación dedícase a actividades do sector servizos e séguenlle en importancia os sectores de industria e agricultura respectivamente. Así, os datos de ocupación dos habitantes por sectores sinalan que 334 habitantes se dedican á agricultura, 2 á pesca, 427 á industria, 266 á construción e case 900 ao sector servizos.
Segundo o estrato de asalariados, Boqueixón conta con 246 microempresas, 10 pequenas empresas e 1 mediana empresa.
En canto á clasificación por condición xurídica, 178 empresas están creadas por persoas físicas, 49 son sociedades limitadas e, en menor medida, existen algunhas cooperativas. Segundo o sector no que desenvolven a súa actividade, 161 empresas dedícanse ao sector servizos, 49 á construción e 47 á industria. Boqueixón conta con 37 establecementos comerciais e 304 explotacións bovinas.
Boqueixón en Equal Compostela Social
Este concello, como membro da
AD Compostela Social, realizou as seguintes actuacións:
- Identificación e captación de persoas emprendedoras:
- O Concello de Boqueixón participou nas actividades de difusión e sensibilización durante as tres fases do proxecto, entre outras actuacións, co desenvolvemento das xornadas: O autoemprego: unha alternativa laboral que tiveron lugar o 26 de outubro de 2005 na Casa da Cultura de Camporrapado e o 2 de novembro de 2005 na Casa do Concello. Na primeira xornada participaron 55 asistentes, na segunda 6 e finalmente no proceso de formación participaron 2 persoas; unha delas asistiu ás accións formativas no concello de Santiago de Compostela e outra no concello de Teo.
- Asesoramento a persoas emprendedoras:
- Unha das emprendedoras que participou na fase de formación decidiu continuar coa posta en marcha da súa empresa para o cal recibiu o asesoramento co que deselvolveu o seu proceso de emprendemento.
O equipo
O equipo de profesionais encargado de desenvolver o Proxecto Equal Compostela Social no concello de Boqueixón está formado por:
- María Victoria Negrín Blanco: técnica de formación ocupacional
- Ana Serramito Vázquez: titora de iniciativas empresariais (incorporada en xullo de 2006)
« Volver
Imprimir