Inicio »
Proxecto ECS »
Entidades socias »
Concello de Brión »
Concello de Brión
O
Concello de Brión, con 74,9 quilómetros cadrados de superficie, conta na actualidade con aproximadamente 6.849 habitantes cunha media de idade de 43,7 e co 65% das persoas empadroadas con idades comprendidas entre os 16 e os 64 anos.
En canto á economía deste concello, gran parte da poboación dedícase á actividades do sector servizos e séguenlle en importancia os sectores de construción e agricultura respectivamente. Así, os datos de ocupación por sectores sinalan que 378 traballadores se dedican á agricultura, 13 á pesca, 313 á industria, 455 á construción e case 1.500 ao sector servizos.
Segundo o estrato de asalariados, Brión conta con 286 microempresas e 7 pequenas empresas.
En canto á clasificación por condición xurídica, 213 empresas están creadas por persoas físicas, 70 son sociedades limitadas e, en menor medida, existen algunhas sociedades anónimas e cooperativas. Segundo o sector no que desenvolven a súa actividade, 213 empresas dedícanse ao sector servizos, 60 á construción e 20 á industria. Brión conta con 17 establecementos comerciais e 222 explotacións bovinas.
Brión en Equal Compostela Social
Como membro da
AD Compostela Social, o Concello de Brión realizou as seguintes actuacións para a implementación do proxecto Equal Compostela Social:
- Identificación e captación de persoas emprendedoras:
- O Concello de Brión participou en todas as actividades de difusión e sensibilización durante as tres fases do proxecto. Concretamente neste concello realizouse a xornada de sensibilización: O autoemprego: unha alternativa laboral que tivo lugar o 5 de novembro de 2005 na Casa do Concello e á que asistiron 31 persoas, sendo finalmente 18 os emprendedores brioneses que participaron do proceso de formación: 3 en Santiago, 8 en Ames e 7 en Brión.
- Formación e cualificación de persoas emprendedoras:
- Un grupo de 14 usuarios do proxecto Equal Compostela Social participaron no proceso de formación no Concello de Brión levado a cabo durante a segunda fase do mencionado proxecto, entre eles 11 mulleres. Destes 14 emprendedores 1 era procedente do concello de Val do Dubra, 6 do Concello de Ames e 7 do propio Concello de Brión.
Os emprendedores brioneses que quixeron participar na primeira fase do proxecto formáronse, 2 deles, no Concello de Santiago de Compostela e 8 no concello de Ames. Igualmente, un emprendedor que se formou durante a terceira fase fíxoo no concello de Santiago de Compostela.
- Asesoramento a persoas emprendedoras:
- Os 14 emprendedores que participaron na fase de formación no concello de Brión recibiron asesoramento para constituír a súa empresa.
Finalmente, a data 15 de decembro de 2006, neste concello estaban constituídas dúas empresas promovidas por dúas persoas emprendedoras procedentes do mencionado concello:
Non obstante, dúas emprendedoras e un emprendedor formados neste concello constituíron a súa empresa nos concellos de Ames, Brión e Val do Dubra respectivamente.
Acceso ao financiamento
O Concello de Brión facilita o acceso das persoas emprendedoras a sistemas de financiamento existentes e a busca de novas fórmulas alternativas que favorezan a actividade autónoma dos participantes. Así, concretamente o equipo técnico deste concello realizou as solicitudes para dúas empresas das axudas do proxecto Equal Compostela Social, dotadas cada unha delas cun importe máximo de 4.800 euros.
Eliminación de barreiras
O proxecto Equal Compostela Social, coa finalidade de eliminar barreiras á participación nas accións formativas a persoas que tivesen cargas familiares, estableceu a concesión de vales para utilizar os servizos de gardería, coidadores, centros de día ou auxiliares de axuda a domicilio. O concello de Brión, ao igual que o resto de membros da AD Compostela Social facilitou esta axuda aos beneficiarios do proxecto, contando finalmente con unha persoa que solicitou a mencionada axuda.
Así mesmo, todas as persoas emprendedoras que participaron no proceso de formación recibiron unha axuda de transporte de 6 euros por cada día de asistencia.
O equipo
O equipo de profesionais encargado de desenvolver o Proxecto Equal Compostela Social no concello de Brión está formado por:
- Dora Vieiro Nogueira: técnica de Voluntariado e Formación
- Elisa Iglesias Framil: titora de iniciativas empresariais (incorporada en xuño de 2006)
« Volver
Imprimir