Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Proxecto ECS » Entidades socias » Concello de Teo »

Concello de Teo

Titoría Teo
O Concello de Teo, con 79,3 quilómetros cadrados de superficie, conta na actualidade con aproximadamente 16.809 habitantes cunha media de idade de 39,4 e co 71% das persoas empadroadas con idades comprendidas entre os 16 e os 64 anos.

En canto á economía deste concello, gran parte da poboación dedícase a actividades do sector servizos e séguenlle en importancia os sectores de industria e construción respectivamente. Así, os datos de ocupación por sectores sinalan que 165 traballadores se dedican á agricultura, 20 á pesca, 922 á industria, 904 á construción e case 4500 ao sector servizos.

Segundo o estrato de asalariados, Teo conta con 1.022 microempresas e 54 pequenas empresas.

En canto á clasificación por condición xurídica, 711 empresas están creadas por persoas físicas, 276 son sociedades limitadas e, en menor medida, existen algunhas sociedades anónimas e cooperativas. Segundo o sector no que desenvolven a súa actividade, 816 empresas dedícanse ao sector servizos, 164 á construción e 97 á industria. Teo conta con 101 establecementos comerciais e 191 explotacións bovinas.

Teo en Equal Compostela Social

O concello de Teo como membro da AD Compostela Social realizou as seguintes actuacións:

Identificación e captación de persoas emprendedoras:
O Concello de Teo participou en todas as actividades de difusión e sensibilización durante as tres fases do proxecto Equal Compostela Social. Concretamente neste concello realizáronse dúas xornadas de sensibilización: O autoemprego: unha alternativa laboral que tiveron lugar o 27 de outubro de 2005 no centro sociocultural da Ramallosa e o 3 de novembro de 2005 no centro da Sociedade Recreativa de Calo. Así, inicialmente neste concello asistiron 10 persoas á primeira xornada, 3 á segunda e finalmente participaron do proceso de formación 6 dos cales 5 se formaron no propio concello de Teo e 1 no concello de Santiago de Compostela.

Entre as accións encamiñadas á identificación e selección das persoas emprendedoras para a primeira etapa do proxecto realizáronse unhas xornadas de difusión da cultura emprendedora A creación de empresa aberta a todas e todos que tiveron lugar en Teo os días 15 e 16 de decembro de 2005.
Formación e cualificación de persoas emprendedoras:
19 persoas do proxecto Equal Compostela Social participaron no proceso de formación no Concello de Teo levado a cabo durante a segunda e terceira fase do mencionado proxecto, entre eles 12 mulleres. Entre estas 19 persoas emprendedoras 5 eran procedentes do concello de Teo, 5 do concello de Santiago de Compostela, 4 do concello de Ames e 1 do concello de Boqueixón.
Asesoramento a persoas emprendedoras:
As 19 persoas emprendedoras que participaron na fase de formación no concello de Teo recibiron asesoramento para constituír a súa empresa.

Acceso a financiamento

O concello de Teo facilita o acceso das persoas emprendedoras a sistemas de financiamento existentes e a busca de novas fórmulas alternativas que favorecesen a actividade autónoma das persoas participantes. Así, concretamente o persoal técnico deste concello estudiará a posibilidade de solicitar as seguintes axudas:
  • Axudas do proxecto Equal Compostela Social dotadas cada unha delas cun importe máximo de 4.800 euros
  • Iniciativas Locais de Emprego (ILE)
  • Microcréditos

Eliminación de barreiras

O proxecto Equal Compostela Social, coa finalidade de eliminar barreiras á participación nas accións formativas a persoas que tivesen cargas familiares, estableceu a concesión de vales de 10 euros diarios para utilizar os servizos de gardería, coidadores, centros de día ou auxiliares de axuda a domicilio. O concello de Teo, ao igual que o resto de membros da AD Compostela Social, ofreceu esta axuda ás persoas emprendedoras do proxecto aínda que ningunha das persoas do proxecto Equal Compostela Social formadas neste concello é beneficiaria dos mencionados vales.

Non obstante, todas as persoas emprendedoras recibiron unha axuda de transporte de 6 euros por cada día que asistiron á formación.

O equipo

O equipo de profesionais encargado de desenvolver o proxecto Equal Compostela Social no concello de Teo está formado por:

  • Diego Viña Feás: Técnico Local de Emprego
  • Isabel Blanco Costoya: titora de iniciativas empresariais (incorporada en xuño de 2006)
  • Abel Alonso Álvarez: docente de curso de emprendedores (incorporado en xuño de 2006)


« Volver

Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo