Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Proxecto ECS » Entidades socias » Concello de Val do Dubra »

Concello de Val do Dubra

Casa do Concello Val do Dubra
O concello de Val do Dubra, con 108,7 quilómetros cadrados de superficie, conta na actualidade con aproximadamente 4605 habitantes cunha media de idade de 48,1 anos e co 63% das persoas empadroadas con idades comprendidas entre os 16 e os 64 anos.

En canto á economía deste concello, o sector no que hai máis persoas ocupadas é o de servizos seguido dos de agricultura, construción, industria e pesca. Así, os datos de ocupación por sectores sinalan que 481 traballadores/as se dedican á agricultura, 2 á pesca, 271 á industria, 274 á construción e 766 ao sector servizos.

Segundo o estrato de persoas asalariadas, Val do Dubra conta con 258 microempresas, 5 pequenas empresas e 2 medianas empresas.

En canto á clasificación por condición xurídica, 189 empresas están creadas por persoas físicas, 61 son sociedades limitadas e, en menor medida, existen outro tipo de sociedades. Segundo o sector no que desenvolven a súa actividade, 195 empresas dedícanse ao sector servizos, 47 á construción e 23 á industria. Val do Dubra conta con 54 establecementos comerciais e 331 explotacións bovinas.

Val do Dubra en Equal Compostela Social

O concello de Val do Dubra como membro da Agrupación de Desenvolvemento Compostela Social realizou as seguintes actuacións:

Identificación e captación de persoas emprendedoras:
O concello de Val do Dubra participou en todas as actividades de difusión e sensibilización durante as tres fases do Proxecto Equal Compostela Social. Concretamente neste concello realizáronse dúas xornadas de sensibilización: O autoemprego: unha alternativa laboral, que tiveron lugar o 28 de outubro de 2005 na Casa da Cultura de Val do Dubra e o 5 de novembro de 2005 na Casa do Concello. Así, inicialmente neste concello asistiron 23 persoas á primeira xornada, 6 á segunda e finalmente participaron do proceso de formación 6. Destas, 3 formáronse en Ames durante a primeira fase, 1 en Brión durante a segunda fase e 2 en Val do Dubra durante a terceira fase.
Formación e cualificación de persoas emprendedoras:
5 usuarios/as do Proxecto Equal Compostela Social participaron no proceso de formación no Concello de Val do Dubra levado a cabo durante a terceira fase do mencionado Proxecto, entre eles 2 mulleres. Destes 5 emprendedores/as 3 eran procedentes do concello de Val do Dubra, 1 do concello de Ames e 1 do concello de Santiago de Compostela.
Asesoramento a persoas emprendedoras:
As 5 persoas emprendedoras que participan na fase de formación en Val do Dubra reciben asesoramento para constituír a súa empresa.

Finalmente, a data 15 de decembro de 2006, neste concello estaban constituídas dúas empresas promovidas por emprendedores do propio concello:

Acceso a financiamento

O concello de Val do Dubra facilita o acceso das persoas emprendedoras a sistemas de financiamento existentes e a busca de novas fórmulas alternativas que favorezan a actividade autónoma das persoas participantes. Así, concretamente o persoal técnico deste concello realizou as seguintes xestións:
  • 4 solicitudes de Axudas do Proxecto Equal Compostela Social dotadas cada unha delas cun importe máximo de 4.800 euros
  • 2 solicitudes de Iniciativa Local de Emprego (ILE) concedidas

Eliminación de barreiras

O Proxecto Equal Compostela Social, coa finalidade de eliminar barreiras á participación nas accións formativas a persoas que tivesen cargas familiares, estableceu a concesión de vales de 10 euros diarios para utilizar os servizos de gardería, coidadores, centros de día ou auxiliares de axuda a domicilio. O concello de Val do Dubra, ao igual que o resto de membros da Agrupación de Desenvolvemento Compostela Social, facilitou esta axuda aos/ás beneficiarios/as do Proxecto, aínda que ningún deles reunía os requerimentos precisos para a concesión da axuda.

Non obstante, todas as persoas emprendedoras recibiron unha axuda de transporte de 6 euros por cada día que asistiron á formación.

O equipo

O equipo de profesionais encargado de desenvolver o Proxecto Equal Compostela Social no concello de Val do Dubra está formado por:
  • María del Carmen González Lestón: Axente de Desenvolvemento Local
  • Ana Lucía Calviño Canedo : titora de iniciativas empresariais (incorporada en maio de 2006)


« Volver

Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo