Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Proxecto ECS » Entidades socias » Concello de Vedra »

Concello de Vedra

Titoría Vedra
O Concello de Vedra, con 51,1 quilómetros cadrados de superficie, conta na actualidade con aproximadamente 5.054 habitantes cunha media de idade de 43,9 e co 67% das persoas empadroadas con idades comprendidas entre os 16 e os 64 anos.

En canto á economía deste concello, gran parte da poboación dedícase a actividades do sector servizos e séguenlle en importancia os sectores de construción e industria respectivamente. Así, os datos de ocupación por sectores sinalan que 260 traballadores/as se dedican á agricultura, 327 á industria, 332 á construción e máis de 1.000 ao sector servizos.

Segundo o estrato de asalariados/as, Vedra conta con 280 microempresas e 13 pequenas empresas.

En canto á clasificación por condición xurídica, 181 empresas están creadas por persoas físicas, 85 son sociedades limitadas e, en menor medida, existen algunhas sociedades anónimas e cooperativas. Segundo o sector no que desenvolven a súa actividade, 197 empresas dedícanse ao sector servizos, 50 á construción e 46 á industria. Vedra conta con 32 establecementos comerciais e 229 explotacións bovinas.

Vedra en Equal Compostela Social

O concello de Vedra como membro da AD Compostela Social realizou as seguintes actuacións:

Identificación e captación de persoas emprendedoras:
O Concello de Vedra participou en todas as actividades de difusión e sensibilización durante as tres fases do proxecto Equal Compostela Social. Concretamente neste concello realizáronse dúas xornadas de sensibilización: O autoemprego: unha alternativa laboral que tiveron lugar o 28 de outubro de 2005 e o 5 de novembro de 2005 na Casa da Cultura de Bembibre. Así, inicialmente neste concello asistiron 56 persoas á primeira xornada, 15 á segunda e finalmente unha delas participou no proceso formativo no concello de Santiago de Compostela

Acceso a financiamento

O concello de Vedra facilita o acceso das persoas emprendedoras a sistemas de financiamento existentes e a busca de novas fórmulas alternativas que favorezan a actividade autónoma das persoas participantes. Así, concretamente o persoal técnico deste concello estudiará a posibilidade de solicitar axudas como as Iniciativas Locais de Emprego, microcréditos, etc. no caso de que chegue a constituírse algunha empresa no concello

Eliminación de barreiras

O Concello de Vedra, ao igual que o resto de membros da AD Compostela Social facilita unha axuda de transporte de 6 euros por cada día de asistencia á beneficiaria do proxecto, que participa no proceso de formación.

O equipo

O equipo de profesionais encargado de desenvolver o proxecto Equal Compostela Social no concello de Vedra está formado por:

  • Mª Cruz Vilas Giadanes: técnica Local de Emprego


« Volver

Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo