Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Proxecto ECS » FAQ »

FAQ

Faq's?
Busca aquí as respostas ás principais dúbidas relacionadas co proxecto Equal Compostela Social:

  1. Que organizacións participan no proxecto ECS?
  2. Que persoas poden ser beneficiarias do proxecto ECS?
  3. Que requerimentos se esixen para participar no proxecto ECS?
  4. Onde podo acudir para informarme sobre o proxecto?
  5. Que é Equal?
  6. Cando comenzou o proxecto ECS?
  7. Ata cando estará operativo o proxecto ECS?
  8. Como se desenvolve o itinerario de inserción no proxecto ECS?
  9. Cal é o orzamento total do proxecto ECS?
  10. Como se financia o proxecto ECS?
  11. Que tipo de formación se dá no proxecto ECS?
  12. En que consisten as titorías dentro do proxecto ECS?
  13. Podo facer as titorías noutro concello diferente de onde fixen a formación?
  14. Que é un plano de empresa?
  15. Que axudas teño por participar no programa ECS?
  16. Que é a rede de cooperación empresarial do proxecto ECS?
  17. Que vantaxes ten a rede de cooperación empresarial ECS?
  18. Para participar no proxecto ECS, ¿en que concello podo crear a empresa?
  19. Canto é a contía máxima que me poden conceder como subvención do proxecto Equal Compostela Social á creación de novas empresas?
  20. Que conceptos son subvencionables dentro da axuda do proxecto ECS para a creación de novas empresas?
  21. Existe un número máximo de proxectos subvencionables no proxecto ECS?
  22. Que persoas poden ser beneficiarias das axudas do proxecto ECS para a creación de novas empresas?
  23. Se me quero constituír como empresario/a individual, podo participar no proxecto ECS?
  24. Que requerimentos ten que cumprir unha empresa para ter dereito á axuda do proxecto ECS para a creación de novas empresas?
  25. As persoas participantes nun proxecto empresarial teñen que ser todas usuarias do proxecto Equal?
  26. Cal é a normativa que regula a axuda do proxecto ECS para a creación de novas empresas?
  27. O proxecto ECS contempla algunha outra axuda ó financiamento dos proxectos empresariais que nazan dentro del?


Que organizacións participan no proxecto ECS?

É un proxecto a nivel comarcal. Ademais dos concellos participan outros entes clave no eido empresarial situados na nosa área. Uníronse para crear a Agrupación de Desenvolvemento Compostela Social e son os seguintes:
  • Concello de Ames
  • Concello de Boqueixón
  • Concello de Brión
  • Concello de Santiago de Compostela
  • Concello de Teo
  • Concello de Val do Dubra
  • Concello de Vedra
  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo
  • Asociación Plataforma polo Emprego
  • Obra Social Caixa Galicia
  • Cámara de Comercio e navegación de Santiago de Compostela
  • Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI)
  • Fundación para o Desenvolvemento Comarcal da Área de Compostela

Arriba



Que persoas poden ser beneficiarias do proxecto ECS?

Persoas que formen parte dos seguintes colectivos:
  • Muller
  • Mozo/a baixa cualificación
  • Inmigrante ou emigrante retornado
  • Cabeza familia monoparental
  • Persoa desempregada de longa duración
  • Persoa discapacitada
  • Persoas maiores de 45 anos

Arriba



Que requerimentos se esixen para participar no proxecto ECS?

Pertencer aos colectivos anteriores, residir na comarca de Santiago e estar desempregado/a e inscrita/o no Servizo Público de Emprego.

Arriba



Onde podo acudir para informarme sobre o proxecto?

En calquera dos organismos que forman parte do proxecto ECS.

Arriba



Que é Equal?

É unha iniciativa comunitaria financiada polo FSE que ten como obxectivo a loita contra todas as formas de discriminación e desigualdade que se producen no mercado de traballo.

Arriba



Cando comenzou o proxecto ECS?

En novembro do ano 2005.

Arriba



Ata cando estará operativo o proxecto ECS?

O proxecto Equal Compostela Social estará operativo ata decembro do 2007.

Arriba



Como se desenvolve o itinerario de inserción no proxecto ECS?

Desenvólvese en catro fases: formación, mentoring, titorización e asesoramento e seguemento empresarial.

Arriba



Cal é o orzamento total do proxecto ECS?

O orzamento total do proxecto ascende a 1.329.755,64 euros.

Arriba



Como se financia o proxecto ECS?

Este proxecto está cofinanciado polo FSE no marco da iniciativa comunitaria Equal II, corresponde ó FSE o 75% do orzamento final (997.316,76 euros) e o 25% restante polas entidades asociadas (332.438,92 euros).

Arriba



Que tipo de formación se dá no proxecto ECS?

A formación comeza cunha parte teórica práctica dividida en catro módulos que teñen unha duración de 200 horas:
  • Organización empresarial
  • Desenvolvemento de marketing e comercialización
  • Habilidades sociais para o emprendemento
  • Diagnóstico e optimización enocómico-financeira

A formación complétase con charlas impartidas por profesionais do sector, expertos/as en inserción laboral ou persoas emprendedoras que puxeron en marcha as súas propias iniciativas empresariais.

Rematada esta fase iníciase voluntariamente a fase de mentoring ou período de prácticas xerenciais en empresas do sector da súa propia idea de negocio.

Arriba



En que consisten as titorías dentro do proxecto ECS?

Consisten na orientación de forma personalizada a cada emprendedor/a na concreción do seu proxecto e na definición do seu plano de empresa, así como no análise da viabilidade do proxecto, no apoio e na posta en marcha da empresa e no seguemento para avaliar o desenvolvemento da actividade.

Arriba



Podo facer as titorías noutro concello diferente de onde fixen a formación?

Si, podes elixir o concello no que queres asistir ás titorías e non ten por que ser o mesmo no que fixeches a formación.

Arriba



Que é un plano de empresa?

O plano de empresa é un documento que identifica, describe e analiza unha oportunidade de negocio, examina a súa viabilidade técnica, económica e financeira e desenvolve todas as estratexias necesarias para que esa oportunidade de negocio se convirta nun proxecto empresarial concreto.

Arriba



Que axudas teño por participar no programa ECS?

As axudas de tipo económico coas que conta un/unha participante no programa ECS son:
  • Vales para a eliminación de barreiras na participación das accións formativas de persoas con cargas familiares
  • Bolsas por asistencia á formación de 6 euros/día
  • Bolsas por asistencia á formación 10 euros/día
  • Axuda de ata 4.800 euros para a xeración da actividade para gastos correntes e de primeiro establecemento realizados durante os catro primeiros meses da actividade empresarial

Arriba



Que é a rede de cooperación empresarial do proxecto ECS?

As empresas creadas ao abeiro do proxecto ECS constitúen un club empresarial no que buscan sinerxías empresariais e promoción e divulgación da experiencia Equal.

Arriba



Que vantaxes ten a rede de cooperación empresarial ECS?

  • Mellorar a posición competitiva das empresas que a forman.
  • Acceder a novos mercados
  • Custos compartidos
  • Difusión
  • Promoción comercial
  • Intercambio de información
  • Creación de grupos de compra
  • Acceso compartido a novas tecnoloxías
  • Formación

Arriba



Para participar no proxecto ECS, ¿en que concello podo crear a empresa?

En calquera dos concellos da comarca de Santiago:Santiago de Compostela, Ames, Teo, Brión, Boqueixón, Val do Dubra ou Vedra.

Arriba



Canto é a contía máxima que me poden conceder como subvención do proxecto Equal Compostela Social á creación de novas empresas?

A contía máxima é de 4.800 euros por proxecto empresarial e poderá acadar o 100% dos gastos subvencionables.

Arriba



Que conceptos son subvencionables dentro da axuda do proxecto ECS para a creación de novas empresas?

Serán subvencionables os seguintes conceptos, excluídos os impostos:
  • Existencias iniciais de mercadorías: adquisición de primeiras compras de mercadorías, materias primas e outros consumibles de produción
  • Gastos de arrendamentos: locais e/ou equipos
  • Primas de seguros
  • Abastecementos e gastos correntes
  • Gastos de formalización e constitución da sociedade, se é o caso.
    (Inclúense dentro destes gastos os de publicidade)

Arriba



Existe un número máximo de proxectos subvencionables no proxecto ECS?

Estableceuse unha partida orzamentaria para subvencionar 50 proxectos empresariais cun máximo de 4.800 euros por proxecto.

Arriba



Que persoas poden ser beneficiarias das axudas do proxecto ECS para a creación de novas empresas?

Empresas de nova creación, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e traballadores/as autónomos/as que se constitúan e inicien a súa actividade no marco do proxecto ECS, sempre que cumpran os requerimentos establecidos.

Arriba



Se me quero constituír como empresario/a individual, podo participar no proxecto ECS?

Si. Non hai limitación no referente ó tipo de empresa nin á forma xurídica elixida para poñer en marcha o proxecto empresarial.

Arriba



Que requerimentos ten que cumprir unha empresa para ter dereito á axuda do proxecto ECS para a creación de novas empresas?

  • Iniciar a súa actividade a partir do 1 de abril do ano 2006
  • A persoa física ou xurídica debe ter constituída unha sociedade, no caso de persoa xurídica, e ter iniciado a actividade co apoio, asesoramento e seguemento do proxecto ECS
  • Ter o seu domicilio fiscal e social e o seu centro de traballo nun dos concellos participantes do proxecto ECS, sinalados anteriormente
  • No caso das persoas físicas, estarán desempregadas no momento inmediatamente anterior ao inicio da actividade
  • No caso das persoas xurídicas, cando menos un/unha dos/das seus/súas compoñentes ten que ser usuario/a do proxecto ECS, que estea desempregado/a no momento inmediatamente anterior ao inicio da actividade
  • Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e oa Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa administración pública da comunidade autónoma

Arriba



As persoas participantes nun proxecto empresarial teñen que ser todas usuarias do proxecto Equal?

Non, basta con que unha soa das persoas promotoras sexa beneficiaria do proxecto.

Arriba



Cal é a normativa que regula a axuda do proxecto ECS para a creación de novas empresas?

A orde do 25 de setembro de 2006 pola que se aproban as bases reguladoras do programa de axudas á xeración da actividade no marco do proxecto europeo ECS, cofinanciado polo FSE, e a súa convocatoria para o 2006 (DOG nº 190 do 2 de outubro de 2006) e a orde do 26 de abril de 2007 pola se procede á súa convocatoria para o ano 2007 (DOG nº 86 do 4 de maio de 2007).

Arriba



O proxecto ECS contempla algunha outra axuda ó financiamento dos proxectos empresariais que nazan dentro del?

Si, a Obra Social de Caixa Galicia como entidade socia do ECS prevé a posibilidade de conceder microcréditos sen necesidade de ningún tipo de garantías de ata 12.000 euros (excepcionalmente 25.000 euros) cun tipo de xuro fixo do 4%, con 6 meses de carencia opcional e sen ningún tipo de comisións por estudo, apertura ou cancelación.

Arriba



Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo