Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Rede empresarial » Funcionamento »

Funcionamento

Seminario de formación
O funcionamento da RCE, cuxas pautas están fixadas no Plan de Actividades Anual, estrutúrase nas seguintes áreas de funcionamento:

  • Secretaría
  • Información: transmisión de todo tipo de información que poida ser de interese para as empresas que integran a Rede.
    • Lexislación
    • Subvencións e axudas
    • Concursos e Premios
    • Ofertas e demandas de emprego
    • Feiras, Seminarios, Congresos, Cursos e Eventos
    • Trámites e Licencias
    • Formación
    • Asesoramento
    • Relacións e colaboracións
      • Toma de contacto con todas as empresas que foron creadas dentro do Proxecto Equal Compostela Social e realización dunha base de datos
      • Toma de contacto con persoas responsables das diferentes administracións públicas
      • Establecemento de unións/convenios temporais entre empresas da Rede para ofertar servizos integrais
      • Promoción e publicidade
        • Deseño da imaxe corporativa da Rede
        • Realización dunha campaña publicitaria para dar a coñecer a nosa iniciativa
        • Deseñar algún produto publicitario para dar a coñecer a iniciativa
        • Comunicación en rede: de cara a establecer un foro de debate na rede coa finalidade de intercambiar ideas e opinións entre empresas
        • Xestión de recursos

        Coa finalidade de facer máis efectivo e competitivo o labor destes empresarios/as e de colaborar na mellora das súas condicións de traballo a Rede de Cooperación Empresarial dispón das seguintes ferramentas e servizos:

        Encontros para a cooperación


        A RCE pretende reunir periódicamente ao empresariado co obxecto de establecer contactos, tanto persoais como en calidade participantes dun programa, de cara a compartir experiencias, aconsellarse e establecer cooperacións de carácter empresarial.

        Estes encontros servirán para sensibilizar ao empresariado sobre a necesidade e as vantaxes de cooperar e serán o primeiro paso para materializar unha serie de colaboracións futuras.

        Web de cooperación empresarial

        www.equalcompostela.org destina un espazo para que as empresas poidan difundir e promover os seus servizos e produtos a través do Escaparate Virtual, así como recibir información sobre ofertas e demandas de cooperación entre empresas, obter formación, estar ao día sobre os encontros de cooperación... e todo tipo de información que poida ser de interese para as empresas da rede e para o público en xeral.

        Formación


        A formación é clave para que os/as empresarios/as se manteñan nunha posición competitiva que garanta a súa continuidade no mercado.

        É por iso que a RCE tratará de xeito regular, en sesións formativas, aspectos concernentes a novas tecnoloxías da comunicación e da información (NTIC), riscos laborais, captación de clientela, fiscalización, medio ambiente, novas tecnoloxías da información e da comunicación, conciliación da vida persoal e familiar, así como outras temáticas que partan sempre das demandas, necesidades ou intereses do empresariado que coforma a rede.

        Estes seminarios, así como a parte formativa que inclúe a web de Equal, están pensados para que o empresariado asistente adquira as habilidades e coñecementos necesarios para preparar e realizar contactos eficaces coa clientela.

        Descontos Equal


        A RCE será un axente con peso propio no tecido empresarial da comarca de Santiago de Compostela e representará unha forza a ter en conta polo empresariado e as persoas consumidoras da comarca. Ese feito fará posible que o empresariado se acolla a unha serie de descontos.

        Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo