Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Rede Empresarial

Rede Empresarial
A Rede de Cooperación Empresarial enmárcase dentro do proxecto de iniciativa comunitaria ECS promovido pola AD Compostela Social e pretende dotar as empresas que a conforman da metodoloxía e da capacidade necesarias para levar a cabo o seu propio proxecto de cooperación con éxito. Constituíuse como o obxectivo final do proxecto ECS e está aberta ás ofertas e demandas de todas as Pemes, con independencia da súa orixe, sector de actividade ou situación.

O proxecto da Rede de Cooperación Empresarial de ECS debe entenderse como un acordo entre empresas independentes que unindo ou compartindo parte das súas capacidades e/ou recursos, instauran certo grao de interrelación co obxecto de incrementar as súas vantaxes competitivas.

¿En que podemos cooperar?

Cando as empresas creadas ó abeiro de ECS se preguntan por esta cuestión atopamos unha morea de razóns para animarnos a establecer vías de cooperación:
  • Mellora da posición competitiva en presenza dunha 'lóxica do volume'
  • Incremento do poder da empresa nun contexto competitivo
  • Acceso a un mercado
  • Acceso a algún recurso e/ou habilidades complementarias e necesarias
  • Desenvolvemento tecnolóxico
  • Transferencia de tecnoloxía
  • Altos custos e riscos de I+D
  • Desenvolvemento dunha innovación
  • Realización dun proxecto demasiado custoso e arriscado
  • Racionalización da industria e/ou saída para actividades non básicas
  • Aprendizaxe dunha habilidade e do proceso de cooperación

Ampliando o conxunto de razóns para cooperar, podemos clasificar en tres grupos este tipo de motivos:
  1. Razóns internas, que pretenden reducir a incerteza e as debilidades e conxuntar capacidades específicas:
    • Compartir riscos de custos
    • Conseguir economías de escala, compartindo recursos físicos e tecnolóxicos
    • Compartir liñas de produto
    • Compartir canles de distribución
    • Compartir persoal directivo e especializado experto
    • Compartir medios e servizos de abastecemento
    • Compartir liquidez e mellor uso do potencial financeiro da empresa
  2. Razóns competitivas, co obxecto de mellorar ou reforzar as capacidades competitivas:
    • Expansión de negocios xa iniciados
    • Racionalizar e dimensionar industrias maduras
    • Adiantarse a cubrir unha demanda
    • Integración de procesos con sinerxias
    • Gañar unha posición de mercado
    • Evitar guerra de prezos: repartirse o mercado
    • Evitar duplicidade de proxectos I+D
    • Salvar empresas en crise
  3. Razóns estratéxicas, que intentan achegarlle á empresa novas posicións estratéxicas:
    • Creación e explotación de novos negocios
    • Transferencia de tecnoloxía
    • Diversificación de produtos (cooperación horizontal)
    • Integración vertical e horizontal de proceso
    • Penetración en novos mercados
    • Aprendizaxe e incremento de experiencias
    • Innovación e I+D
    • Racionalización por desinvestimento e fraccionamento de unidades operativas

Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo