Rede Empresarial
A
Rede de Cooperación Empresarial enmárcase dentro do proxecto de iniciativa comunitaria
ECS promovido pola
AD Compostela Social e pretende dotar as empresas que a conforman da metodoloxía e da capacidade necesarias para levar a cabo o seu propio proxecto de cooperación con éxito. Constituíuse como o obxectivo final do proxecto
ECS e está aberta ás ofertas e demandas de todas as
Pemes, con independencia da súa orixe, sector de actividade ou situación.
O proxecto da Rede de Cooperación Empresarial de ECS debe entenderse como
un acordo entre empresas independentes que unindo ou compartindo parte das súas capacidades e/ou recursos, instauran certo grao de interrelación co obxecto de
incrementar as súas vantaxes competitivas.
¿En que podemos cooperar?
Cando as empresas creadas ó abeiro de ECS se preguntan por esta cuestión atopamos unha morea de razóns para animarnos a establecer vías de cooperación:
- Mellora da posición competitiva en presenza dunha 'lóxica do volume'
- Incremento do poder da empresa nun contexto competitivo
- Acceso a un mercado
- Acceso a algún recurso e/ou habilidades complementarias e necesarias
- Desenvolvemento tecnolóxico
- Transferencia de tecnoloxía
- Altos custos e riscos de I+D
- Desenvolvemento dunha innovación
- Realización dun proxecto demasiado custoso e arriscado
- Racionalización da industria e/ou saída para actividades non básicas
- Aprendizaxe dunha habilidade e do proceso de cooperación
Ampliando o conxunto de razóns para cooperar, podemos clasificar en tres grupos este tipo de motivos:
- Razóns internas, que pretenden reducir a incerteza e as debilidades e conxuntar capacidades específicas:
- Compartir riscos de custos
- Conseguir economías de escala, compartindo recursos físicos e tecnolóxicos
- Compartir liñas de produto
- Compartir canles de distribución
- Compartir persoal directivo e especializado experto
- Compartir medios e servizos de abastecemento
- Compartir liquidez e mellor uso do potencial financeiro da empresa
- Razóns competitivas, co obxecto de mellorar ou reforzar as capacidades competitivas:
- Expansión de negocios xa iniciados
- Racionalizar e dimensionar industrias maduras
- Adiantarse a cubrir unha demanda
- Integración de procesos con sinerxias
- Gañar unha posición de mercado
- Evitar guerra de prezos: repartirse o mercado
- Evitar duplicidade de proxectos I+D
- Salvar empresas en crise
- Razóns estratéxicas, que intentan achegarlle á empresa novas posicións estratéxicas:
- Creación e explotación de novos negocios
- Transferencia de tecnoloxía
- Diversificación de produtos (cooperación horizontal)
- Integración vertical e horizontal de proceso
- Penetración en novos mercados
- Aprendizaxe e incremento de experiencias
- Innovación e I+D
- Racionalización por desinvestimento e fraccionamento de unidades operativas
Imprimir