Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Rede empresarial » Obxectivos »

Obxectivos

Obxectivos
A Rede de Cooperación Empresarial ten por obxecto fomentar o desenvolvemento de proxectos de cooperación empresarial que axuden ás iniciativas empresariais xurdidas ao abeiro de ECS a mellorar a súa competitividade e a manter unha posición sólida no mercado,

Esta cooperación permitiralle a estas empresas, así como a aquelas que se unan no futuro á Rede de ECS, acadar unha maior dimensión operativa e capacidade de actuación, a contribuír á mellora das súas perspectivas de viabilidade e mesmo a promover alianzas estratéxicas.

A RCE pon a disposición de todas aquelas empresas xurdidas dentro de ECS, daquelas que creen dentro da comarca de Santiago de Compostela un foro de encontro, debate e cooperación empresarial no que poidan compartir información e establecer programas de axuda mutua.

Os principais obxectivos que procura esta rede son:
  • Promover sinerxias e apoios entre as propias empresas da Rede
  • Favorecer un maior acceso e xestión dos recursos e de información de interese para a Rede
  • Organizar a información que chegue á Rede tanto procedente das empresas asociadas como doutras empresas, doutros organismos, entidades e institucións que prestan servizos relacionados co mundo empresarial
  • Mellorar a formación xeral e específica, facilitando o acceso a programas formativos de interese
  • Facilitar o acceso ás empresas a axudas públicas
  • Prestar servizos de asesoramento empresarial
  • Establecer acordos de colaboración con outras entidades alleas á Rede, tanto de natureza privada como pública
  • Promover a mellora do rendemento das empresas que compoñen a Rede
  • Favorecer a innovación dentro das empresas da Rede
  • Proporcionar apoio no inicio de actividade ás novas empresas a través de asesoramento e procesos de mentoring
  • Facer partícipes da iniciativa a persoas emprendedoras e outras pequenas e medianas empresas da comarca

Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo