Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Proxecto ECS » A quen vai dirixido »

A quen vai dirixido

Dirixido a
Un dos aspectos fundamentais para garantir o éxito do proxecto Equal Compostela Social parte de definir correctamente o perfil de entrada idóneo de emprendedoras e emprendedores. Á hora de establecer perfís tipo as variables a considerar son:
  • Incorporar a persoas que presentan especiais dificultades para a súa inserción socio-laboral debido a determinadas barreiras que mostran unha situación de estancamento social e económico, de desmotivación, de falla de ilusión, de sentimento de fracaso ou de abandono das relacións sociais.
  • Incorporar a persoas resoltas á inserción polo emprendemento, con capacidade para traballar, innovar, gañar, lograr obxectivos e realizar soños e con capacidade asociativa.
O obxectivo de ECS é xerar ferramentas e recursos que fagan posible que certas situacións e actitudes que funcionan como freos á hora de acceder a calquera fórmula de autoemprego, poidan ser modificadas, aumentando a ocupabilidade potencial das persoas incorporadas ao proxecto.

Perfís das persoas beneficiarias

A intervención do proxecto ECS céntrase naqueles casos nos que existen problemáticas engadidas ao tema laboral que impiden seguir dun xeito normalizado os servizos hoxe existentes na comarca.

Os perfís das persoas a seleccionar para participar no proxecto son:

Discapacitadas e discapacitados
  • Persoas con diminución psíquica, física ou sensorial co certificado de minusvalía, cun grao non inferior ao 33%
Mulleres
  • Mulleres soas con cargas familiares
  • Mulleres en situación de desemprego de longa duración (máis dun ano sen traballar)
  • Mulleres sen cualificación ou cunha cualificación deficitaria
  • Mulleres en situación de risco que necesitan de axuda rápida para conseguir mellorar a súa calidade de vida e da súa familia
Persoas maiores de 45 anos
  • Persoas emigrantes con cargas familiares que se atopan en situación de extensión de visado (reagrupación familiar)
Xente nova con dificultades de acceso ao mercado laboral
  • Mocidade a partir dos 16 anos con fortes carencias emocionais, con relacións familiares difíciles ou desestruturadas que requiren accións máis integradoras e que son coñecidas polos profesionais do territorio
  • Xente nova que pertence a familias máis ou menos normalizadas que necesitan certo grao de soporte para acceder á vida activa por presentar baixos niveis de cualificación
Persoas paradas de longa duración
  • Menores de 45 anos con cargas familiares:
    • Nas menores de 35 anos, seis meses de antigüidade na demanda
    • Nas maiores de 35 anos, doce meses de antigüidade na demanda
  • Maiores de 45 anos con cargas familiares (2 meses de antigüidade)
  • Persoas maiores de 45 anos que necesitan un axuste fronte ás súas expectativas e un soporte para a incorporación á vida activa e a potenciación das súas capacidades, habilidades e actitudes facilitadoras da integración sociolaboral
  • Mulleres en situación de desemprego de longa duración
Emigrantes retornadas e retornados
  • Persoas con data de retorno inferior aos vintecatro meses
Inmigrantes
  • Persoas inmigrantes con situación administrativa regular ou en proceso de regularización
  • Persoas inmigrantes con cargas familiares que se atopan en situación de extensión de visado (reagrupación familiar)
Cabezas de familia monoparentais
  • Nais/pais solteiras/ros
  • Mulleres separadas con cargas familiares
  • Viúvas e viúvos con cargas familiares

Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo