Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Proxecto ECS » Transnacionalidade »

Transnacionalidade

A AD Compostela Social forma parte dun Grupo de Xestión Transnacional que está integrado por outras catro AD europeas -unha de Italia (que actúa como secretaria do grupo), outra de Grecia e dúas de Polonia-. O seu obxecto é promover, por medio de accións conxuntas, estratexias que manteñan o crecemento do emprego das persoas desfavorecidas mediante novos paquetes de formación, apoio a empresas recén creadas, investigación de novos instrumentos económicos, procesos compartidos de información e/ou investigación e de planificación territorial.

As cinco AD implicadas neste grupo planificaron unha estratexia de actividades común para crear un medio esencialmente positivo nos catro países participantes respecto ao desenvolvemento dun espíritu empresarial social para combater a exclusión das persoas desvaforecidas. Esta cooperación materialízase por medio de reunións transnacionais, accións de traballo conxuntas e metodoloxías de traballo a distancia.

A contribución que se agarda desta cooperación transnacional é estratéxica para elevar os niveis de elaboración de proxectos; innovar modelos; mellorar o intercambio de experiencias, metodoloxías e instrumentos que se desenvolven nos diferentes contextos comunitarios; identificar as fortalezas e os puntos críticos dos diversos modelos mediante unha análise comparativa, etc.

Nos documentos e ligazóns adxuntas poderás atopar textos, bases de datos e guías de interese sobre o funcionamento, acordos, metodoloxía... deste grupo de xestión e sobre o desenvolvemento de Equal a nivel europeo.

Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo