Inicio » 
Proxecto ECS » 
Entidades socias »  
Cogami »
	
	
Cogami
	
	
		
	A 
Confederación Galega de Minusválidos (Cogami) é unha organización non gobernamental de ámbito autonómico á que pertencen directa ou indirectamente máis de corenta asociacións de persoas con discapacidade física na autonomía, na provincia e na comarca. O seu obxectivo principal e "coordinar e promover a defensa dos intereses das persoas con discapacidade, co fin de conseguir a máxima atención social á problemática que representan e a súa integración na sociedade".
Entre as finalidades de Cogami está polo tanto fomentar o espírito empresarial e apoiar a creación de empresas entre persoas que se atopan con especiais dificultades para a súa inserción profesional e social. Nesta liña, e como membro da 
AD Compostela Social, Cogami participou na identificación e captación de emprendedores.
Esta actuación tivo dous obxectivos fundamentais:
- Fomentar o espírito de empresa entre os colectivos destinatarios
 
- Captar beneficiarios/as das sucesivas accións do proxecto, motivándoos/as e concienciándoos/as das posibilidades do autoemprego e a creación de empresas como alternativas de inserción laboral
 
   
	
	« Volver
	
	
	
	Imprimir