Inicio » 
Proxecto ECS » 
Entidades socias »  
Universidade de Santiago de Compostela »
	
	
Universidade de Santiago de Compostela
	
	
		
	A 
Universidade de Santiago de Compostela (USC) iniciou no último trimestre de 2005 a súa colaboración na implementación do proxecto Equal presentado pola 
AD Compostela Social.
As accións nas que participou a USC durante esta primeira fase do proxecto son as que se relacionan a continuación:
1. 
Realización dun relatorio na xornada de presentación do proxecto Equal Compostela Social denominada A incorporación sociolaboral polo emprendemento.
2. 
Accións de difusión e sensibilización. Os obxectivos fundamentais que se perseguiron coa realización destas actuacións foron os seguintes:
- Sensibilizar e motivar a potenciais emprendedores/as
 
- Favorecer a xeración de ideas de negocios a emprender na comarca de Santiago
 
- Fomentar o espírito de empresa entre os colectivos destinatarios das accións
 
- Captar emprendedores/as para a súa incorporación ás seguintes fases do proxecto Equal Compostela Social
 
As actividades de difusión e sensibilización artelláronse a través de dous tipos de xornadas:
- Xornadas de difusión da cultura emprendedora e empresarial dirixidas a todas aquelas persoas con inquedanzas emprendedoras pertencentes aos concellos da comarca de Santiago.
Nestas xornadas, que adoptaron a forma de charla-coloquio, participaron ademais das entidades promotoras do proxecto, emprendedores/as e empresas xa constituídas para achegar a súa experiencia e motivar os/as asistentes a poñer en marcha as súas ideas de negocio dentro deste programa 
- Xornadas de información, orientación e animación sociolaboral. Estas xornadas de eminente carácter práctico e participativo, consistiron na realización por parte dos/das potenciais emprendedores/as, de traballos e reflexións grupais arredor de dúas temáticas: as actitudes, habilidades ou cualidades básicas do/da emprendedor/a e a creación dunha empresa
 
3. 
Docencia de 8 horas do módulo de habilidades sociais para o emprendemento durante a terceira fase do proxecto Equal Compostela Social: 2 horas no concello de Val do Dubra, 2 horas no concello de Teo e 4 horas no concello de Santiago de Compostela.
   
	
	
« Volver
	
	
	
	Imprimir