Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Rede empresarial » Novas »

1º aniversario da sala Petronio Arte

A sala Petronio Arte, empresa creada ó abeiro do programa Equal Compostela Social, celebra o seu 1º aniversario, cunha mostra do pintor Xoti de luís titulada "Au Tour D´Ancares".
11/03/08 Esta colección, resultado do traballo que o pintor realizou durante os últimos dous anos con continuas estancias na zona dos Ancares, da que extrae atmosferas, espazos, vivencias e experiencias que proxecta na súa obra.

Xoti de Luís destacaría como pintor abstracto da vangarda nos anos 70 e 80.Membro fundador dos colectivos A Carón ,A Galga e Gruporzán, desde entón ven expoñendo a súa obra en diversas galerías particulares, fundacións e museos. Realizou a súa ultima exposición en Santiago con motivo da inauguración da galería Sol e Bartolomeu.

A súa obra forma parte de coleccións como Pazo de Raxoi ,Museo Carlos Maside,Espazo Grasslin en Nantes,Xunta de Galicia ,Museo de Arte Deportiva, Fundación Caixanova,Caixa Galicia, Banco Exterior de España ,Deputación da Coruña etc.

A devandita exposición estará aberta ao publico na sala Petronio Arte na rúa de San Pedro, 30 desde o 11 de marzo ata o 5 de abril en horario de 10.00-14.30h e de 17.30-21.00h e os sábados de 11.00-14.00h.
Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo