Inicio »
Servizos »
Axenda »
NOVA WEB
Equal Compostela Social presenta a súa web
No transcurso da Xornada Final de Transferencia e Boas Prácticas de Equal Compostela Social presentarase a web deste proxecto, ademais dos resultados, boas prácticas e outros produtos de Equal. Será na sala Mozart do Auditorio de Galicia.
20/12/07 12:00 h - 14:00 h
Os responsables do proxecto Equal Compostela Social presentarán ao longo desta xornada unha serie de documentación e produtos resultantes de Equal Compostela Social, entre eles o portal web www.equalcompostela.org e os informes de resultados e boas prácticas do devandito proxecto.
A xornada contará coa presenza dos alcaldes de Ames, Boqueixón, Teo, Brión, Val do Dubra e Vedra; coa de Xosé Manuel Iglesias Iglesias, presidente da AD Equal Compostela Social e coa de Álvaro Ánsias Bacelar, director xeral de Promoción do Emprego.