Inicio »
Servizos »
Axenda »
XORNADA
Almorzo da rede de empresas Equal
Ás 8:30 horas desta mañá terá lugar no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, o almorzo da rede de empresas do proxecto Equal Compostela Social.
20/12/07 08:30 h - 09:30 h
Estes almorzos empresariais, dos cales xa se levan celebrados outros tres, son o marco perfecto para que as persoas emprendedoras cuxas empresas xurdiron ao abeiro deste programa se reúnan periodicamente e poñan en común as súas inquedanzas, intereses e potencien as súas sinerxías como unha entidade con voz propia no tecido empresarial da comarca. A este encontro está previsto que asistan mais de 30 persoas.