Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Servizos » Axenda »

zona de actuación
AS EMPRESAS DA REDE EQUAL ESTABLECIDAS NA ZONA PODEN VERSE BENEFICIADAS

Preséntase o proxecto Urbana Santiago Norte

O Concello de Santiago presenta hoxe URBANA SANTIAGO NORTE, o proxecto co que achega a súa candidatura a Iniciativa Urbana, un programa da UE que pretende executar modelos de desenvolvemento innovadores que favorezan a rexeneración económica e social das zonas urbanas en crise.
31/01/08 20:30 h - 22:00 h O proxecto que presenta Santiago de Compostela pretende actuar nos barrios de Vista Alegre, Romaño, Vite, Guadalupe, Salgueiriños, San Caetano, Basquiños, Ultreia, Espírito Santo, A Estila, A Almáciga, San Pedro, Concheiros, Belvís e Quiroga Palacios.

Dende o proxecto Equal Compostela Social cremos que as empresas establecidas nesa zona se poderían ver beneficiadas da aprobación deste plan, motivo polo que informamos aos membros da rede Equal do interese que ten a súa presenza neste acto.

Á presentación, que terá lugar ás 20:30 horas no Salón de Actos do Conservatorio Profesional de Música, acudirán Xosé A. Sáchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago, e Socorro García Conde, Concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica.

Pode confirmarse a asistencia ao acto no teléfono 981 543 046 ou enviando un correo a contactoa r r o b aurbanasantiagonorte.org
Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo