Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Servizos » Novas »

ECS XA SUPERA AMPLAMENTE AS 50 EMPRESAS

Xocoátel convértese na empresa número 63 que xurde ao abeiro de ECS

O sábado 17 de febreiro inaugurouse, no nº3 da Rúa Rosalía de Castro, Xocoátel. Esta tenda, especializada na venta de chocolate, convértese así na empresa número 63 que se constitúe no marco de Equal Compostela Social e fai que este programa supere amplamente o seu obxectivo inicial de promover a creación de 50 empresas.
25/02/08 Xocoátel ponse en marcha ao abeiro do programa de iniciativa comunitaria Equal Compostela Social e dedicará a súa actividade a ofertar diferentes marcas e tipos de chocolates de alta calidade, tanto nacionais como internacionais, así como os seus derivados: cacao en po, bombóns, coberturas, chocolates de autor, etc. Tamén terá a disposición dos seus clientes variedades aptas para o consumo de diabéticos e celíacos.

A idea xurdiu ao observar o éxito destas tendas noutros países europeos como Alemaña e Italia, e que xa chegara a grandes cidades españolas como Barcelona.

A emprendedora Sandra Ishreid Barros optou por crear Xocoátel logo de considerar que Santiago de Compostela, que carece dalgunha outra empresa que ofreza estes produtos, posúe as características necesarias para que este tipo de negocio funcione, ao ser unha cidade que dispón dunha amplísima oferta comercial e cunha boa parte da poboación pertencente á clase media-alta, con gustos selectos e alto poder adquisitivo.

Sandra Ishreid, con grande experiencia no sector hostaleiro e na atención ao público, pretende cativar á clientela compostelá mediante a innovación e exquisitez dos seus produtos, ofrecendo unha gran variedade de chocolates con diferentes texturas, sabores e formatos, todos de altísima calidade e que non están á venda noutros establecementos. Nesta tenda os clientes atoparán ademais un moi bo trato, unha coidada decoración e un ambiente agradable.
Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo