Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Servizos » Novas »

Almorzo de rede de empresas ECS
XORNADA

Almorzo da rede de empresas Equal no Auditorio de Galicia

O próximo 20 de decembro ás 8:30 horas terá lugar no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, o almorzo da rede de empresas do proxecto Equal Compostela Social.
19/12/07 Estes almorzos empresariais, dos cales xa se levan celebrados outros tres, son o marco perfecto para que as persoas emprendedoras cuxas empresas xurdiron ao abeiro deste programa se reúnan periodicamente e poñan en común as súas inquedanzas, intereses e potencien as súas sinerxías como unha entidade con voz propia no tecido empresarial da comarca. A este encontro está previsto que asistan mais de 30 persoas.

A Rede de Cooperación Empresarial de Equal Compostela Social pretende dotar as empresas que a conforman da metodoloxía e da capacidade necesarias para levar a cabo o seu propio proxecto de cooperación con éxito, unha finalidade para a que resultan de grande utilidade este tipo de encontros.
Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo