Contacto | Mapa web | Foro | Aviso legal | Accesibilidade
Intranet

Acceso á cursos en liña


Inicio » Proxecto ECS » Entidades socias » Concello de Boqueixón »

Concello de Boqueixón

Titoría Boqueixón
O Concello de Boqueixón, con 73 quilómetros cadrados de superficie, conta na actualidade con aproximadamente 4.378 habitantes cunha media de idade de 43,5 e co 65% das persoas empadroadas con idades comprendidas entre os 16 e os 64 anos.

En canto á economía deste concello, gran parte da poboación dedícase a actividades do sector servizos e séguenlle en importancia os sectores de industria e agricultura respectivamente. Así, os datos de ocupación dos habitantes por sectores sinalan que 334 habitantes se dedican á agricultura, 2 á pesca, 427 á industria, 266 á construción e case 900 ao sector servizos.

Segundo o estrato de asalariados, Boqueixón conta con 246 microempresas, 10 pequenas empresas e 1 mediana empresa.

En canto á clasificación por condición xurídica, 178 empresas están creadas por persoas físicas, 49 son sociedades limitadas e, en menor medida, existen algunhas cooperativas. Segundo o sector no que desenvolven a súa actividade, 161 empresas dedícanse ao sector servizos, 49 á construción e 47 á industria. Boqueixón conta con 37 establecementos comerciais e 304 explotacións bovinas.

Boqueixón en Equal Compostela Social

Este concello, como membro da AD Compostela Social, realizou as seguintes actuacións:

Identificación e captación de persoas emprendedoras:
O Concello de Boqueixón participou nas actividades de difusión e sensibilización durante as tres fases do proxecto, entre outras actuacións, co desenvolvemento das xornadas: O autoemprego: unha alternativa laboral que tiveron lugar o 26 de outubro de 2005 na Casa da Cultura de Camporrapado e o 2 de novembro de 2005 na Casa do Concello. Na primeira xornada participaron 55 asistentes, na segunda 6 e finalmente no proceso de formación participaron 2 persoas; unha delas asistiu ás accións formativas no concello de Santiago de Compostela e outra no concello de Teo.
Asesoramento a persoas emprendedoras:
Unha das emprendedoras que participou na fase de formación decidiu continuar coa posta en marcha da súa empresa para o cal recibiu o asesoramento co que deselvolveu o seu proceso de emprendemento.

O equipo

O equipo de profesionais encargado de desenvolver o Proxecto Equal Compostela Social no concello de Boqueixón está formado por:

  • María Victoria Negrín Blanco: técnica de formación ocupacional
  • Ana Serramito Vázquez: titora de iniciativas empresariais (incorporada en xullo de 2006)


« Volver

Imprimir

Concello de SantiagoXunta de Galicia. Conselleria de Traballo. Direccion Xeral de Promocion do EmpregoConcello de AmesConcello de Boqueixon Concello de Brion Concello de TeoConcello de Val do DubraConcello de Vedra

Universidade de Santiago de CompostelaCogamiFundacion Comarcal SantiagoCamara Santiago de CompostelaPlataformo polo EmpregoCaixa Galicia

EqualMinisterio de Trabajo y Asuntos SocialesFondo Social Europeo