Inicio »
Proxecto ECS »
Entidades socias »
Consellería de Traballo »
Consellería de Traballo
A
Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, segundo o disposto no
Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a súa estrutura orgánica, é competente no desenvolvemento das políticas activas de emprego en Galicia. Seguindo os principios de complementariedade e transferencia ás políticas xerais daquelas actividades desenvolvidas e validadas dentro do proxecto Equal Compostela Social participa, a través da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, como órgano executor de parte das actuacións desenvolvidas no marco do proxecto Equal Compostela Social.
Así, a Consellería de Traballo, dado o seu carácter de organismo público de carácter autonómico, xoga un papel fundamental na visibilidade e transferencia do proxecto Equal Compostela Social.
Así mesmo, esta Consellería é a encargada de realizar a avaliación externa do proxecto, acción que na actualidade se atopa en fase de selección do/da adxudicatario/a xa que será levada a cabo por unha empresa externa.
Igualmente, a Consellería de Traballo asume a xestión do réxime de axudas creado, no marco do proxecto Equal Compostela Social, para subvencionar tanto a creación e constitución de novas empresas coma o inicio de actividade empresarial como autónomos/as, cun importe total para os anos 2006 e 2007 de 224.000 euros. As bases reguladoras deste programa foron publicadas na
Orde do 25 de setembro de 2006 pola que se aproban as bases reguladoras do programa de axudas á xeración da actividade no marco do proxecto europeo Equal Compostela Social, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2006 (
DOG número 190. Luns, 2 de outubro de 2006).
Con data 15 de decembro de 2006 presentáranse na Consellería de Traballo 30 solicitudes (21 de Santiago de Compostela, 4 de Val do Dubra, 3 de Ames e 2 de Brión).
« Volver
Imprimir